Vídeo
  • 2024

Documental. Postgrowth S.A.: Pontevedra

Post-Growth Innovation Lab, Trespés filmes

O vídeo cárgase desde YouTube, en modo de privacidade mellorada, só cando premes reproducir.

Resumo

Como impulsar unha transición verdadeiramente sostible e xusta no municipio? Este documental recolle o proxecto de ciencia cidadá Postgrowth S.A.: Pontevedra, impulsado polo Post-Growth Innovation Lab da Universidade de Vigo co financiamento da FECYT e a colaboración do Concello de Pontevedra. Durante o curso 2023-2024, 230 estudantes de cinco institutos de Pontevedra investigaron os retos ecolóxicos e sociais aos que se enfronta o municipio nos próximos dez anos. Produción: Trespés filmes.

Palabras clave

  • ciencia cidadá
  • documental
  • transición ecolóxica
  • educación secundaria
  • Pontevedra

Como citar

Post-Growth Innovation Lab, Trespés filmes (2024). Documental. Postgrowth S.A.: Pontevedra.