Informe técnico
Informe metodolóxico. Postgrowth S.A.: Vigo
Resumo
Postgrowth S.A.: Vigo foi a segunda edición da serie Postgrowth S.A. e un proxecto de ciencia cidadá orientado a xerar coñecemento sobre unha economía azul xusta e sostible desde Vigo. A investigación centrouse na eólica mariña prevista para a costa suroeste de Galicia. Alumnado e profesorado de secundaria participaron no traballo de campo, na análise e na transferencia de resultados. A acción foi coordinada polo Post-Growth Innovation Lab da Universidade de Vigo, con financiamento da FECYT e a colaboración do Concello de Vigo.
Palabras clave
- ciencia cidadá
- participación pública
- transicións de sustentabilidade
- economía azul
Como citar
Brais Suárez Eiroa, Cristina Míguez González (2026). Informe metodolóxico. Postgrowth S.A.: Vigo. Post-Growth Innovation Lab, Universidade de Vigo.