Informe técnico
Informe metodolóxico. Comité Cidadán polo Clima de Pontevedra
Resumo
O Comité Cidadán polo Clima de Pontevedra foi un proceso de deliberación cidadá desenvolvido entre marzo e xuño de 2026. Dezaseis veciñas e veciños do municipio, de idades, traxectorias e situacións distintas, reuníronse en cinco sesións de catro horas para elaborar recomendacións prácticas que axuden a reducir a pegada climática de Pontevedra a través de cambios no consumo de alimentos e nas políticas públicas relacionadas coa alimentación.
Como citar
Brais Suárez Eiroa, Cristina Míguez González, Susana Bastón Meira, Cristina Vázquez Santos (2026). Informe metodolóxico. Comité Cidadán polo Clima de Pontevedra. Post-Growth Innovation Lab, Universidade de Vigo.